12.12.13
Reaccións
É a primeira vez en sete anos que o concello pon un adorno de luciñas de Nadal na nosa zona. Como Melas non ten moito percorrido nin demasiado horizonte (a pesar dos seus tres anos e medio), os primeiros días que viu tal trebello lanzouse a ladrar coma unha tola montando tal escándalo que daban ganas de poñerlle unha buceira. Que dano poden facerlle esas luciñas? Misterio. Supoño que o descoñecido, o nunca visto, a novidade, pero é matemático: ver o trebello aceso e ladrar coma unha posesa é todo un. De nada vale que intentes calmala ou engarguelala con algunha chuche; de súpeto ponse a rosmar e ten que saír a desafogar a gusto durante todo o tempo que lle pida o corpo. A nai mírame como dicindo: "Déixaa; non ves que non entende nada?". E así andamos, entre ladridos, rosmidos, procura de aloumiños e inseguridades varias. Desde logo que, seguros, estamos seguros.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
5 comentarios :
Éche unha cadela lista: xa sabe que a luz a pagades esntre todos...
Tamén Xela anda cos medos aos Papa Noel que hai por todas partes.
Alédome de que poidas celebrar o teu décimo aniversario de blogueira que non sodes muitos que digamos.
Felicidades por recuperar tu blog!
os animais teñen que ter as súas cousas privadas e misteriosas...!
Nós tivemos unha cadela que cando empezaba o telediario ouveaba como se xa soubese que ían ser malas noticias.
Asi que nunca se podía ver o telediario ata que terminaba a cabeceira e pasaba a música.
Aprendín unha palabra (engarguelar). Mira ti, eu tantos antos tentando engarguelar ás mozas e sen sabelo...
Publicar un comentario