6.12.13

Grazas, grazas, grazas, MH

Cando vin que Gradicela desaparecera do panel de control (e, por tanto, non podía entrar no blog para fochicar nel, nin escribir nin editar nin publicar), pensei que sería unha cousa pasaxeira que axiña se arranxaría de seu. Pasaron os días e saltáronme todas as alarmas: aquilo non tiña boa traza. Resistinme a pedirlle axuda a MH, non por falta de confianza, senón porque sempre lle dou a vara con este tipo de problemas e xa me parecía abusar. MH foi quen contribuíu a armar este trebello, vestiuno ben e lindo e ao longo de case dez anos respondeu as miñas dúbidas con paciencia intentando aprenderme o que el aprendera; claro que este animal -Peke- é moi túzaro para asimilar determinadas cousas e case sempre volvía a este bo amigo para resolver os atrancos.
Estaba xa disposta a abrir outro blog, laiándome coma unha cadela por non poder celebrar o décimo aniversario de Gradicela; bobadas, se cadra, pero... son case dez anos!, téñolle cariño!, hai moito de min nas mil e pico entradas que publiquei! Que non lle importa a ninguén? A min si me importa e moito máis que moito. Son unha sentimental, que lle vou facer?
El non querería que puxese un enlace que o identificase: é así. E non o vou poñer para non amolalo; só direi que é un home brillante, moi brillante. Para el o meu máis grande agradecemento. Graciñas, meu! Bicos a tutiplén.

6 comentarios :

Chousa da Alcandra dixo...

Non esquexas o protocolo para recuperalo. Así xa sei a quen acudir no caso se que me pase o mesmo!

O trabado dixo...

Alegrome que se arrsnxara

O trabado dixo...

Alegrome que se arrsnxara

Brisa dixo...

Pues yo también se lo agradezco ;)

Felicidades Peke ¡

Bicos

Zeltia dixo...

Bicos meus tamén a MH, grazas a quen celebraremos o teu décimo aniversario!

:) :) :)

MH dixo...

Venga, venga, que no es para tanto...Además, Peke es mi lectora más fiel, y casi la única lectora en mi actual etapa blogautista...Es lo menos que podía hacer.
Lo único que lamento es no poder decirlo en gallego. :)
Besos. Ah, eso sí sé: bicos,

M