18.1.15

Sara Miranda

Ignoro se esta foto que me fixo Sara Miranda amosa a miña esencia (como dixo alguén) ou non, pero si sei que é unha das poucas que me fixeron na vida nas que me recoñezo sen reservas. Polo momento é a única que teño da sesión que conto no post anterior e escuso dicir que rabio por ver as outras, pero tempo ao tempo. Hai que deixar as artistas traballar ao seu ritmo.
Cando falei con X do proxecto no que a fotógrafa anda metida e da posibilidade de integrala, vin como os seus ollos botaban faíscas e abofé que unha muller coma ela daría boas fotos, desas que dá gusto contemplar cando o tempo pasa, que non nos fan sentir incómodas, porque quen as fai sabe o que leva entre mans. Sempre me pareceu difícil o retrato, por iso ante este, a miña admiración pola autora aínda medrou máis.

6 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Ya lo creo que eres tu: tal cual te recuerdo.

Terry dixo...

e que é unha foto estupenda... a mín encántame.

biquiños,

Terry dixo...

olvidouseme... Terry son eu, Aldabra; é que tiña necesidade de tomar outro nome no que recoñecerme nesta nova etapa da miña vida.

Zeltia dixo...

Encántame!
E ese fume ascendendo...

Peke dixo...

É que cando unha se mete nas mans de expertas pasa o que pasa. :D

Raposo dixo...

Fermosa foto, gústame.