24.1.15

Sentimentos e sensacións

Dentro duns días (o xoves, para máis datos) teremos a Suso Lista no Ateneo de Ribeira para falar cos membros do club de lectura do seu libro Salseiros. Aínda non o rematei, pero estanme gustando estes pequenos relatos seleccionados do seu blog cargados de sentimentos e sensacións, algúns tan doces coma unha caricia; outros un chisco máis duros e irónicos.
A primeira vez que vin a Suso foi na tele (cando eu aínda vía a tele) na serie Mareas Vivas, hai unha chea de anos e abraiárame que actuase tan ben. Explícome: Só sabía del que era un percebeiro da zona e para min actuar, representar un papel, finxirte outra persoa por moito que se pareza a ti, antóllaseme unha arte difícil. El mantiña o tipo, non o facía nada mal. Logo souben que era moito máis ca un percebeiro, deses que xogan a vida para que os amantes dese marisco celebren o que teñan que celebrar cun manxar especial; actuaba, lía en público, narraba, escribía, andaba na tele...
Teño curiosidade por coñecelo en persoa e escoitalo. Seguro que ha ser unha auténtica experiencia.

4 comentarios :

Chousa da Alcandra dixo...

Suso é un dos meus blogueiros de referencia desde os meus comenzos. No blog o coñecín e a través del establecín ese vínculo inexplicable que este medio suscita.
Cando veña a Antas (ou arredores) falar de Salseiros, alí irei tamén. Que teño gana de o coñecer

mariajesusparadela dixo...

Hai xente así, pero pouca. Por eso paga a pena conocelos.

paideleo dixo...

Eu quedei coas gañas de coñecelo persoalmente e espero coñecelo.
Eu lía o seu blogo e admirábao polo ben que escribía. Foi mágoa que o pechase ao público xeral.
Teño o libro e papeino en dous días.

Zeltia dixo...

Tamén eu seguía ao "Percebeiro do Roncudo"

E como foi?