4.5.04

Prezos
Merco por primeira vez pilas para os audífonos (en Auria regalábamas a audioprotesista); un paquetiño de seis pilas, seis euros. Se temos en conta que unha pila dá para cinco días de audición..., ¿a como sae o día?
E non o digo por min, senón por tantos usuarios que as mercan dunha nunha, quizais porque teñen medidos os cartos da semana. ¡Meus!
Non, se xa o di o refrán: na casa do pobre todo son pingueiras.

Ningún comentario :