21.5.04

Trebóns
Levamos uns días co ambiente tan plúmbeo que unha está ansiosa por que estoure dunha boa vez un trebón dos que fan época, deses que, en canto rematan, deixan no ar un cheiro tan fresco como se o mundo acabase de nacer.
Se non é hoxe, recemos xuntos a quen sexa para que se desate mañá e poidamos, por fin, durmir tranquilos.

É que isto, meus, non hai que o ature un minuto máis.

Ningún comentario :