29.10.04

Cambio de hora
Chove ás cuncas esta mañá e agoiran que seguirá chovendo toda a fin de semana; tempo ideal para ficar na casa e facer todo iso que leva pendente desde hai un mes.
Solucionado un problemiña que tiña con esta empresa -ganas de marear, ¡carafio!-, poderei centrarme na correción dun libro, en rematar os deberes que me puxeron e en ir actualizando os escasos coñecementos dos que dispoño sobre a maxia da informática. Porque pertenzo ao grupo de xentiña cada vez máis escasa que se asombra até a marabilla do que este medio permite realizar; iso de darlle a unha tecla e conseguir efectos especiais nun debuxo ou unha foto ábreme a boca unha cuarta, igualiño que se Harry ou Hermione lograsen cun toque de variña converter un ravo en sapo ou un sapo en príncipe.
E o mellor de todo será a hora que gañaremos durmindo. ¡Que gustazo!

Ningún comentario :