1.10.04

Vida décima
Din que os obxectos carecen de alma; ¡mentira! Depende do obxecto e do seu uso; iso sábeo calquera un pouco culto. Pero hai unha lenda negra espallada por falsos racionalistas, temerosos de perder creto se defenden a verdade; teñen medo de que os tomen por tolos, ¡he!, pero non o teñen de vivir en loita consigo mesmos nin de aboiar na contradición.
Sei de qué falo; durante un tempo servín con fidelidade a un deles, convertinme no seu oído e axudeille a desenmascarar hipócritas; fun un audífono de lei. Comecei a fallarlle o día en que renegou da miña idiosincrasia, coma se o feito de cualificarme de temperamental, por exemplo, me outorgase unha categoría que non estaba disposto a concederme, a pesar de deberme o descubrimento de praceres descoñecidos, a satisfacción de comunicarse sen atrancos e, en fin, a segunda vida que iniciou grazas a min.
Por suposto que os obxectos teñen alma e tamén sentimentos.

Ningún comentario :