
Descubrín a Anxos Sumai en
Melodía de días usados e gocei coa súa frescura e lirismo, coa súa corrección e espontaneidade, algo non moi habitual nas nosas letras. Recunquei con
Así nacen as baleas e volveume gustar, se cadra porque agradezo ler un libro en galego sen erros nin atrancos, ou porque a historia é bastante orixinal, ou porque está ben escrita. En principio non parece prometer nada que non se dixese sobre unha moza que volve á casa e atopa o universo familiar case igual que o deixou, pero neste caso os ingredientes son diferentes, e a novela cobra pulo a medida que avanza.
Etiquetas: literatura, novela