
Este grego nacido en Estambul, guionista de cine e televisión coma
Andrea Camilleri, imprime un ritmo particular ás súas obras asemade que retrata unha Atenas diferente e moito máis real cá idealizada imaxe soñada polos estranxeiros. Seica non hai demasiada tradición de novela policial en Grecia, de feito só tres autores a practican, e desde a primeira vez que o lin atopei puntos en común co siciliano e diferencias notables cos ingleses, nórdicos e norteamericanos. A pesar de que me gusta o xénero en xeral, recoñezo que me identifico máis cos autores mediterráneos (como di Márkaris), se cadra porque a súa cultura me queda máis preto.
Etiquetas: literatura, negra, novela