21.5.11

Club de lectura

Debe resultar moi gratificante que algo feito con paixón, pracer e entusiasmo, no que se verten coñecementos variados, imaxinación e musicalidade lingüística sexa apreciado de xeito tan xeral. Debe resultar satisfactorio que descubran nun unha faceta descoñecida e que lles produce goce estético, entretemento e mesmo descubertas dunha ou outra índole. Debe resultar sorprendente ser obxecto de sorrisos entusiastas e sinceros por algo que un fixo co desexo de compartilo e agradar.
Debe resultar estupendo ser por uns días Uxía Casal.

Ningún comentario :