6.7.12

Unha noite estupenda

Hai tempo que a coñezo en persoa porque un bo día venceu a súa presunta timidez e abordoume na terraza dun bar. Fómonos descubrindo devagar, a base de conversas, intercambios de opinións, quedadas e cooperación. Devagar, como cómpre.
Temos compartido os catro -ou os cinco- xantares, tés e ceas con fluidez e agrado, sempre con risos ou francas gargalladas, porque se algo caracteriza a esta muller é o sentido do humor e a fortaleza (aínda que ela non o crea). Na cea de onte non faltaron a alegría, as ocorrencias, os comentarios e -por que non?- algunhas rexoubas. Tanto B coma min pasámolo de medo con ela e o seu home ("eu escollín o mellor", dixo todo cheo nun momento da noite que conseguiu entenrecerme), a pesar da súa dor e de non saber como poñer o brazo para estar cómoda.
Ao chegarmos á casa B e mais eu aínda tardamos en apagar a luz, pois tiñamos gana de comentar, de volver rir e de gozar coa lembranza da noite compartida. Unha noite estupenda.

4 comentarios :

Anónimo dixo...

Por aquí volvemos andar, máis ou menos.
Que sorprendente segue a ser isto dos blogs, despois de tantos anos, canto e que pouco sabemos uns dos outros.
Saúdos.

mariajesusparadela dixo...

Cando se pasa ben, paga a pena vivilo.

matrioska_verde dixo...

unha cea estupenda,
bós recordos cara o futuro.

biquiños,

Paz Zeltia dixo...

Deixoume Kaplan cavilando... efectivamente, que pouquiño...
as interrelacións,
as relacións
os descoñecidos e as descoñecidas.

un dos xeitos mellores de pasalo ben: comida,bebida e conversas agradables con boas amistades.