30.6.12

Un encontro afortunado

Mentres B asistía á última xornada do curso, eu mantiña unha conversa cunha muller cuxo camiño a levou lonxe de aquí por unha tempada. A faciana resultábame moi familiar, pero había nela algo diferente e aínda tardei un chisco en decatarme de que, en efecto, era quen eu coidaba.
Desde que vivo na vila non tivera ocasión de falar con ninguén da busca de si mesmo, de meditación, espiritualidade e relaxación. E gustoume comentar vivencias e procesos nos que ela -bastante máis nova ca min- se atopa inmersa e eu vivín no pasado con intensidade. Supoño que as circunstancias influíron en que fose abandonando amodiño a autodisciplina necesaria -imprescindible, máis ben- para seguir afondando en min mesma e sentirme mellor.
A conversa levoume a lembrar e verbalizar aspectos e detalles que foron quedando arrombados no famoso baúl, e a decatarme de que poucas veces na vida todo está perdido.

5 comentarios :

zeltia dixo...

"poucas veces na vida todo está perdido" parécenme palabras moi esperanzadoras...
pode que agora retomes eses vellos e sans costumes...
atopar xente nova na que nos recoñecemos pode ter a virtude de espilirnos!

Aldabra dixo...

esta tarde ouvín na radio un programa moi alentador e interesante, no que se falaba de tomar decisións,de cómo afrontar os cambio....

a mín gústame falar de espiritualidade porque eu me sinto moi espiritual.

http://www.abc.es/radio/programas/pensamiento-positivo.html

biquiños,

X dixo...

Es unha caixa de sorpresas.

mariajesusparadela dixo...

Nunca está todo perdido, sempre queda un recunchiño de esperanza.

BONEQUIÑA DE TRAPO dixo...

Recordei a conversa, busquei o teu espazo virtual e que linda sorpresa saber que unha sinxela conversa fose tan reveladora, pra ámbalas dúas. Grazas polas palabras e polo empurrón que necesitaba. Moitos bicos.