22.9.12

Club de lectura

Fernando Gamboa é o autor da novela que o club de lectura comentará o próximo xoves e que rematei hai uns minutos. Aínda que pareza mentira, é o primeiro libro que leo nun soporte distinto ao papel e, a pesar de todas as miñas reticencias, non resultou tan incómodo como eu coidaba.
Non me acabou de convencer esta novela de aventuras, odio, amor e -se se quere- denuncia, narrada en primeira persoa. Cun ritmo áxil, descricións variadas, diálogos verosímiles e multitude de ingredientes, semella que o ten todo para gustar ou, cando menos, atrapar o lector; e iso -atrapar o lector- conségueo bastante ben, pero... Hai algunhas construcións que non identifico como correctas en español; o desenvolvemento da acción é tan rápido que todo pasa ante os nosos ollos coma se fose unha película sincopada; a virada final resultoume estraña, coma se non cadrase co anterior, e máis parece que o autor a deu para saír do paso que por coherencia co relato... En fin. Supoño que é cousa miña, pois os comentarios que atopei sobre ela son abondo positivos. A súa lectura non foi tempo perdido por completo, pero nun mundo onde hai tanto que ler, este libro non me chamaría se non se suxerise no club de lectura.

5 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Ás veces hai libros que trunfan sen que saibamos moi ben por qué.

paideleo dixo...

O que lin na ligazón que mandas non me engancha nada. A portada engana co esa imaxe dun gorila que seguro que me apetecería máis ler un ensaio sobre ese animal ca unha película de acción.
Con respeito ao meu posteo, a estatua de Xulio Verne ten poucos anos en Vigo (dende o 2005)e é unha homenaxe ao escritor por situar un dos capítulos da novela "20000 leguas baixo o mar" no estreito de Rande. Eu púxena no posteo como facendo referencia aos tempos vellos do século XIX.

Noemí Pastor dixo...

Cuando tengo entre manos una novela de aventuras, siempre pienso que preferiría ver la película. Soy un poco burra, ¿a que sí?
Bicos enormes.

matrioska_verde dixo...

¡como me mola o do club de lectura!

non coñezo a novela da que falas... e despois o que contas, tampouco me apetece.

biquiños,

Jorganes dixo...

Concordo plenamente co que comentas.
Supoño que o xoves teremos que falar de Guinea Ecuatorial, porque a novela non da para moito.