2.9.12

Fin de festa

Estiveron argallando durante quince días, ás miñas costas, a visita de H e, a pesar de que lin unha mensaxe no iPhone de B, este non soltou prenda. Cando os vin entrar pola cancela o venres levei unha sorpresa tan grata que case me salta o corazón. Desde que marchamos de Auria hai case dez anos apenas tiveramos ocasión de falar, e poder gozar da súa compaña durante dous días foi un agasallo inestimable. E onte, a iso das nove da noite, chegou Cesare en bici; cen quilómetros dándolle aos pedais para chegar aquí. Termos dous amigos tan queridos na casa foi un auténtico pracer que se prolongará durante algúns días grazas á memoria: lembrar esta ou aquela frase, tal aceno ou aquel costume reaviva as sensacións.
E mañá haberá que volver ao ritmo cotián do curso. Aínda é verán, pero como se xa non o fose.

5 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

As sorpresas gratas non teñen precio.
O demais, coa master card e a subida do IVE correspondente.

matrioska_verde dixo...

¡como se agradecen estas visitas!

biquiños,

paideleo dixo...

O verán non é só paseos. Tamén veñen as visitas ou facemos visitas.
E aínda é verán por uns días.

Paz Zeltia dixo...

Así é que hai días que enchen o corazón de sensacións, deixan un pouso do que alimentarse durante días, ate que se van difuminando entre nebras e raiolas do cotiá.
Mira tí o Cesare, de vez en cando inda paso polo seu blogue a remexer...

ánimo co novo curso.

teño unha pregunta técnica tamén: non sei como facer para visitar os posts máis antigos. Bueno os do 2011 e anteriores sí, que están aí no lateral, pero what about os de abril, maio deste ano etc.?
bueno, digo eu. :-)

Peke dixo...

Os post están colocados por meses e eu non atopei ningún problema para picar e entrar neles. Non están ocultos (cando menos, que eu saiba) e son de acceso doado. Grazas, Zeltia.