Que Antón Riveiro Coello é unha persoa encantadora ninguén o pode negar; que escribe moi ben, tampouco, e que con Laura no deserto a literatura galega vestiuse de gala, aínda moito menos.
O xoves pasado o club de lectura de Ribeira tivo a honra de compartir a sesión con el e gozar coma nunca do verbo fácil e fluído deste gran escritor. A pesar de que cheguei á reunión co libro sen rematar (aínda me quedan unhas cincuenta páxinas: un nada, se temos en conta que a novela ten máis de setecentas), a medida que avanzaba na lectura a sensación de marabilla ía a máis. A unha estrutura abondo complexa (que non é o que máis adoita gustarme, pero neste caso está máis que xustificada) únese unha historia engaiolante e dura, narrada cunha mestría e delicadeza que non fan máis que confirmar que estamos ante un autor capaz de crear mundos enormes cunha prosa elegante e áxil, afondar na psique dos personaxes sen que nada resulte chiante e sorprendernos coas reviravoltas polas que a historia vai cobregueando sen perder en ningún momento o pulo inicial.
Entre chuches humanas (cacahuetes, millos, tapas de carne con queixo...) e algunha caña, público entregado e curioso, ambiente distendido e agradable, Antón contounos cousas ben interesantes do proceso que durou seis anos e desembocou na conclusión desta novela que ninguén debería perder. Un luxo ao alcance de calquera. Por riba, recibín unha dedicatoria ben agarimosa e, aínda que non son fetichista, volverei ler acotío coa mesma emoción. Grazas, Antón!
8 comentarios :
Qué suertuda!
E tanto, Leia! :)
Noraboa polo dedicatoria , ainda que a lectura xa era premio.
Teño que autoagasallarmo por Reis.
É un autorque me gusta.
Prezados amigos: Gradicela desapareceu do meu panel de control dun día para outro. Pódese ler e ver, pero eu non podo acceder ás súas entrañas, nin escribir nin publicar nin editar. Se alguén ten idea de que puido pasar e de como se pode arranxar (se se pode), quedaría eternamente agradecida polas suxestións. Grazas.
Pois un pouco de envexa logo de ler o teu post.
Vamos a esperar o 2014 pra leelo.
saudos
Eu non uso blogger, pero téñolle feito algún blog a alguén, e polo que recordo, dende a páxina onde aparecen todos os trebellos da conta google, nalgures hai "máis", e entón ábrense outras posibilidades que no panel principal ás veces non se ven...
Inda non mirei máis, seguro que para agora xa o terás arreglado, esperoooo!
(E grazas pola reseña do libro e o entusiasmo)
Publicar un comentario