20.12.13
Selos
En USA é posible encargar selos co motivo que queiras e empregalos para franquear cartas e paquetes. O home de Maryland -amigo meu desde hai anos- mandou facer estes cunha foto de Dona e Melas (que figura no meu perfil de FB). Cando me chegou a súa postal de Nadal case non podía crer o que vía no sobre e sentinme moi alegre. Falei con el, agradecinllo, pero faltaba por chegar a plancha enteira con selos que aquí non son de curso legal. Gardareinos e, se podo, coareinos coma quen non quere a cousa nas escasas cartas que envío. Abofé que están guapas as nenas! Merecen divulgarse por todos os lugares do mundo. Espero que Correos non se mosquee.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
6 comentarios :
!Que bueno!
en Correos tamén se pode: https://online.correos.es/contenidos/Comprar_sellos/tu_sello/tu_sello/tck_tusello.asp
Bicos e Felices Festas :*
Pois en Estados Unidos tamén se poden personalizar as matrículas do coche. Para o ano pídelle ao home de Maryland que che traia unha.
Boas festas !.
Comprendo a túa sorpresa. É unha idea ben orixinal (e tomo nota de que Correos tamén o permite)
Moita ledicia para estes días, que se prolongue a continuación das festas.
vaia maneira tan orixinal e chula de felicitarvos o Nadal!
(estan moi lindas as cadeliñas)
As veces os americanos teñen cousas que me gustan.
Preciosas cadelas. Merecidos selos.
Publicar un comentario