Estes días de calor, treboada, piolla, fresco e volta á calor (ideais para o corpo) gozamos da compañía de
Nino e Pilar que, como xa é tradición desde que vivimos
aquí, veñen pasar uns días connosco e dar unhas voltas pola zona. Son unas das poucas persoas do
pasado que sigo vendo dun xeito regular, aínda que só unha vez ao ano, e recibo as súas visitas con ilusión e ledicia. Tiñan bastante que contar, pois Nino está madurando a idea de cambiar de categoría e pasar á
miña, algo ao que o animamos se el está convencido; despois de
todo o que
pasou, ben merece tomar a vida con calma.
O domingo, tras
xantar e dar unhas voltas, o esgotamento puido comigo e Pilar quedou na casa facéndome compañía, mentres homes e cadelas saían a pasear polo monte. Faloume da traizón dunha amiga e da decepción tan grande que levou, e é que a determinadas alturas da vida, a pesar da experiencia, ese tipo de asuntos non se asumen nada ben, sobre todo se a amizade duraba anos e coidabas que a envexa ficaba fóra do circuito.
A
envexa, terrible sentimento que me horroriza percibilo sobre min.
Ningún comentario :
Publicar un comentario