24.6.12

Club de lectura

O xoves pasado tivemos a sorte de contar no club de lectura coa presenza de David Rubín, que nos falou polo miúdo da súa última obra, do proceso de elaboración e distribución. B e mais eu xantamos con el e escoitamos de primeira man e en exclusiva detalles do segundo tomo, de como resolveu esta ou aquela dificultade; incluso nos amosou debuxos, aínda a lapis, que tiña no seu iPad.
A pesar de que fervía por botarlle o ollo e as mans enriba, preferín agardar a decembro, cando saia en papel, para gozar plenamente da obra rematada.
Cando chegamos á casa pola tarde, Dona e Melas recibírono con grandes meneos de rabo e outras mostras de ledicia, coma se fose un habitual; Dona case non se despegou del, apoiou a cabeza no seu xeonllo mentres o miraba con cariña extasiada e estivo pendente en case todo momento dos seus movementos e acenos. Seguro que soubo o especial que era o visitante para nós.
Desde que o coñezo -hai case vinte anos- asistín á súa evolución como artista e persoa e alédame constatar canto medrou e o que conseguiu con esforzo e traballo, con paixón e perseveranza. Así se fan os heroes.

5 comentarios :

Dilaida dixo...

David é desas persoas das que non abundan moitas por desgraza, son artistas no máis amplo sentido da palabra e son dende que nacen, por iso ás veces son tan incomprendidos. Pero sempre deixan unha profunda pegada nas persoas que se relacionan con eles, non me estraña que os teus cans o queiran, eles detectan moi ben á boa xente, e David sen dúbida e tan boa xente como gran artista.

mariajesusparadela dixo...

Estamos todas de acordo, xa ves...incluídas as cadelas.

Aldabra dixo...

pois non tiña nin idea, ata agora, de que existía David Rubín, e penso que me estou perdendo a alguén importante... a verdade é que nunca fun de comics... aínda que recoñezo o valor que teñen.

a túa cadela ten unha cariña fermosa, semella que é moi boa e como dí Dilaida, os cans saben ben a quen se arriman.

biquiños,.

elenacaridefernandez dixo...

Yo no lo traté apenas, pero desde hace tiempo también sigo su trabajo y me parece fabuloso. Me encantó pedirle a mi hermano alguna de sus obras como regalo de cumpleaños, y que él (q sí tuvo más contacto con Rubín) lo comprase en la librería de cómic de otro de los antiguos compañeros de instituto...

zeltia dixo...

engadindo á miña ignorancia o non ser afecionada ao cómic e xa se decata un que non coñezo ao teu amigo nin de ouvir falar del... claro que as miñas amizades máis eu do que máis coñecemos é das barras das vinotecas
:)

fóra coñas gozo moito cando teño a sorpresa de coñecer alguén a quen admiraba de antes, ou que admiro a partires de...
persoas que son tesouros.