20.6.12

Corricando

Vino nos escaparates e nos expositores, pero non me decidín a mercalo, a pesar de que a escrita da autora non me desgusta nada; por riba, con ese título, prometía praceres que só a primeira persoa sabe fornecer ao falar de si mesma. Se en anteriores obras albisquei un corazón sensible e cultivado, nesta confirmei que o estilo, en aparencia sinxelo (ese tan difícil de conseguir), está cheo de detalles e matices que converten a lectura nun desexo de afondar un pouco máis no mapa humano e literario da escritora, no seu mapa vital.
O libro caeu nas miñas mans por azar: un amigo ofreceu prestarmo e accedín decontado. Non coñezo N.Y. en persoa nin creo que algún día chegue a cruzar o océano para pousar alí os pés, pero tampouco será unha gran perda mentres teña a oportunidade de ler sensacións, tenrura, acontecementos e vivires plasmados dun xeito tan auténtico, delicado e veraz.

2 comentarios :

Aldabra dixo...

Fai moito que non leo a Elvira Lindo, desde "Algo más inesperado que la muerte". De Muñoz Molina creo que tamén lín algo, sí: "Sefarad". O de Lindo o recordo mellor que o outro. Non foron libros que me marcaran pero gustáronme. E por suposto, vín a película de Manolito Gafotas.

Polo que contas ten boa pinta pero eu xa fixen a miña lista para o verán. Algúns os mercarei para o e-book, e outros terei que compralos o pasar pola biblioteca.

Vou anotando títulos de programas de radio, de blogs (sigo "El placer de la lectura", que fai unhas críticas serias, parécenme), de por aquí e por alá.

Vou deixarcha por si te animas con algún:

Una educación sexual - Juan Abreu

Los sueños de Helena - Eduardo Galenao (lín El libro de los abrazos e me pareceu fantástico, relatiños curtos pero moi cheos de sentido)

Siempre tuyo - Daniel Glattauer (lín de corrido e sin pestanexar, os dous anteirores deste autor)

La familia Fang - Kevin Wilson (libro moi recomendado que parece que por noso país pasou sen pena nin gloria... o marketing, xa sabes, cando queren vender algo o poñen hasta nas noticias)

Cincuenta sombras de Grey - E. L. James (parece que está rompendo barreiras... vai de eroitsmo, disque)

El viaje de Mina - Michael Ondaatje (encántanme as historias de rapaces, recoméndoche "Un mundo sin fin" de Heinning Mankell

La delicadeza - David Foenkinos (está por saír a película do libro, protagonizada por Audrey Tatou)

Las sirenas del invierno - Bárbara J. Zitwer (este o vin onte nun esaparate dunha librería e chamoume a atención polo das sirenas... non ten pinta de ser unha obra maestra pero está ben ler de todo un pouco)

Un matrimonio feliz - Rafael Yglesias (téñolle moitas ganas desde hai tempo)

Meaulnes el grande - Alain Fournier (obra maestra da literatura juvenil francesa, disque)

en fin, perdoa pola extensión, non me puiden refrear... falando de libros, xa se sabe.

biquiños,

zeltia dixo...

eu non sei como fago: sempre estou lendo e nunca leo nada...