25.11.12

Paciencia

O único que facía era intentar poñer o pantalón cando o lategazo me caeu coma unha bomba. Sempre me abraia que ocorra isto ao realizar actos tan cotiáns, aínda que xa debería estar afeita. Espero que non dure moito tempo.

Ilustración de Raúl Arias sacada de aquí.

4 comentarios :

zeltia dixo...

mellorías!
se xa che pasou máis veces xa saberás o que tes que facer...
todo o mundo refire esa doenza como moi incapacitante.

Aldabra dixo...

nunca padecín lumbalgia pero creo que doe como o demo, así que o que che dexeso é unha melloría rápida.

a ilustración é boísima, de primeiras non vín o home co lombo cruxindo... hai que fixarse ben.

biquiños e o dito, mellórate.

mariajesusparadela dixo...

Unha faixa de neopreno fai miragres.

peke dixo...

Xa, xa. A faixa xa a poño e tomo o que teño que tomar, pero isto vai moooooooooi lento