17.11.12

Mañá de sábado

O ceo está cuberto por completo e cae unha chuvia mansa; non se ve o mar nin moito menos Cambados ao outro lado da ría máis grande do mundo; os piñeiros dos arredores permanecen quietos porque non sopra vento que os axite; Dona, coma adoito, deitouse á miña beira e Melas meteuse na sala de lectura a mirar polo balcón; B arranxa e ordena a cociña poñendo a proba esa facilidade tan súa para colocar moito en pouco espazo, e eu lembro o axiña que pasou a semana e a cantidade de cousas que observei e das que me informei charlando con xentes diversas. Moitos contan a súa vida, os seus problemas económicos e persoais e o difícil que se puxo todo coa crise que nos aperta; todos intentan saír adiante como poden, manteñen a esperanza e o ánimo porque hai que vivir; a maioría procura facelo en paz, sen meterse con ninguén, respectando as peculiaridades dos demais. Cambiou a actitude de tendeiros e hostaleiros, dan as grazas por todo e non aforran sorrisos amables; de feito, xa non hai quen os aforre: á fin de contas, son de balde.

5 comentarios :

Anónimo dixo...

Si, eu tamén o notei. Sorriamos pois.
Saúdos.
X

abuelacris dixo...

Boa falta fai.
Moitas grazas querida Peke polos ánimos e o agarimo recibidos estes días. Un abrazo
Avoa Cris

Aldabra dixo...

fai pouquiño falaba eu con un compañeiro e dicíalle que resultaba perigoso preguntarlle ahora a alguén esa frase tan socorrida:

¿Qué tal?

porque agora casi ninguen contesta aquelo de "ben" o "tirando"... agora todo o mundo pasa apuros e un quédase fronte a outra persoa cun nudo na garganta.

é moi duro.

o sábado fun a Santiago e choveu sin parar todo o tempo ata ben á tardiña... pero non me importou, eu íba ó que iba, a ver a miña filliña...

biquiños,

zeltia dixo...

Tamén eu estiven en Santiago o sábado.
espertei alá
pola fiestra, que daba a un parque, observei esa chuvia miudiña...
fíxenlle unha foto co móbil e colgueina en twitter.
Non sei polo que ás veces sinto a necesidade de compartir "co mundo", sin destinatarios, como se guindara unha botella ao mar.

ti contas as cousas dunha maneira que transmites calma e sabedoría.

paideleo dixo...

Son tempos duros e non se dá mirado o fin do túnel.
Pero hai que tirarpara adiante con sorrisos ou sen eles.