Unha amiga preguntoume unha vez se Dona e Melas tiñan caracteres diferentes, ao que eu contestei que por suposto, madía leva!; o feito de que pertenzan á mesma especie non implica que se comporten igual ao cento por cento, como tampouco o facemos os humanos. Agora que ando con tanto coidado a causa da dor, Dona óllame abraiada a certa distancia e procura non cruzarse moito no meu camiño, aínda que se me ve sentada e tranquila, achégaseme para recibir e dar aloumiños; en todo caso, procura non separarse moito de min e acompáñame decotío. Melas -xa teño dito que lle encanta dar bicos por todo- vén con moito meneo de rabo e lámbeme os nocelos, a única parte do corpo que levo ao aire.
Aínda que semelle amor de ama, estou convencida de que SABEN que adoezo e cada unha faise cargo e reacciona ao seu xeito.
A cousa vai lenta, demasiado para o meu gusto; xa falei co médico e non se pode facer máis do que se está facendo, así que continuarei cos malabarismos para sentar e erguerme ben aferrada a paredes e mobles, seguirei cos paseíños a ritmo de anciá e pedirei a quen haxa que pedir unha pronta recuperación.
Por certo, este é o post número 1000.
5 comentarios :
Mil e moita cousa...
Os animais son coma nós: cada un explícase á súa maneira...pero fanse entender.
Mellórate.
unha foto fermosa... uns cans fermosos... e unha recuperación lenta porque ten que ser así...
así que... ten pacencia, muller, en menos de ná estarás brincando coas perriñas...
eu desde aquí envíoche moita enerxía positiva para que te recuperes pronto, mais creo que eso non sirve de moito...
biquiños,
ah, e noraboa polo 100.
Os animais teñen a súa forma de ser e non teño dúbida ao respecto: na mili estiven nunha escola de cans policías e os cans eran de distinto carácter mesmo sendo irmáns.
Así que 1000 posteos...iso non o conseguen muitos blogueiros.
como eu cando estou doente todos os aloumiños me son poucos,
penso que podes ti ver onde non hai, jaja
conste que boto moito de menos ao can que me adoptou, que xa levo unhas semanas sin ir pola casa da infancia.
visitei hai uns días un rehabilitador, por mor dunhas contacturas e "codo de tenista" e faloume dunha máquina de rehabilitación avanzada, que se chama TECAR qeu, polo visto, fai milagres coas lumbalxias...
por mirar no google, non perdes nada.
Ánimo Uxía.
Publicar un comentario