8.11.12

Insistencia

Comecei a seguirautor deste libro a principios da serie, máis ca nada -xa o teño comentado aquí- porque me gusta(ba) como crítico literario, aínda que coma escritor de novela policíaca, como se autocualifica, non acababa de chistarme. Coa anterior entrega, premio Torrente Ballester de novela, coidei que a cousa despegaba e que J.M. lle pillara o pulso á serie, aínda que tampouco puiden evitar que as miñas expectativas se visen un pouco desconcertadas. Con esta sexta novela ocorreu algo semellante: está ben armada e trabada, aínda que con algún punto frouxo; ben escrita, malia que por veces se faga un chisco pesada; o personaxe principal vai medrando, a pesar de que ese medre non sexa o agardado (algo que me parece ben), e, en fin, o resultado final non é malo, pero... Non sei moi ben en que consiste esa leve -ou non tan leve- insatisfacción que sentín ao pechar o libro, non tanta como para chorar os cartos investidos, mais abonda para pensar "por que o sigo?" Porque é un crítico elegante, fino e sensible, se cadra?
Non coñezo a resposta; quizais na seguinte entrega poida discernir con claridade ese porqué.

2 comentarios :

zeltia dixo...

ah, encántanme as preguntas que te fas...
e como devoras os libros!

Aldabra dixo...

misterios da vida... pois sin dúbida ten algo que che engancha porque si non non voltarías a repetir.

¿será que esperas demasiado del?

biquiños,