Hai libros para distintas ocasións, para distintos momentos e circunstancias; non sempre apetece ler o que os críticos nos din ou o que mercamos porque nos dixeron que era atractivo. Ás veces necesitamos algo lixeiro, incluso algo inxenuo, para despexar a cabeza tras unha época de tensións ou preocupacións. Sei que con Alexander McCall Smith teño asegurado entretemento, inxenuidade e unha certa pureza que me vai satisfacer. Mma Ramotswe, fundadora da Primeira Axencia de Mulleres Detectives de Botswana, é unha muller de complexión tradicional, sensata, bondadosa e xusta que montou o seu negocio para axudar a xente a saír dos problemas pequenos ou grandes para os que non atopan solución; non é unha detective ao uso, pois vive nunha cidade non moi grande e carece dos medios habituais cos que calquera muller moderna pode contar. Á parte de certos detalles, é este un libro que se le con gusto, afasta desacougos da mente e incluso fai pensar no parecidos e semellantes que somos os seres humanos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario