Eu non me lembro de moito, que vou lembrar!, pero a noite -polo que din os vellos- foi toledana. Mamá non quería responsabilizarse daquilo, estaba asustada e non sabía qué eran aqueles tres bechos que lle saíran de dentro. Estivemos once horas sen comer, ata que conseguiron que ela nos aceptase; logo todo foi de seu.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
10 comentarios :
Melinha,moi feliz cumpleanos.
Quen nos iva a decir fai dous anos que serias a DONA da casa.
Co permiso de Dona (a) e Dona (b)
Xena foi unha cadela que estivo con nós 15 anos. Chegou a casa cando tiña un mes e pariu por primeira vez cando tiña tres anos, aquel día pasámolo moi mal as dúas, ela porque non sabía o que lle estaba a pasar e eu porque nunca nunha situación como aquela me vira. Berraba coma se fose unha muller, corría dun lado para outro, e eu detrás recolléndolle os fillos que ela ía soltando. Despois tivo máis partos pero xa aprendera e apañábase ela soa. Morreu hai tres anos e aínda sigo a botala de menos hoxe. Sempre tivemos cans, hoxe temos seis, pero Xena era a miña amiga, entendiámonos con só mirarnos.
Bicos
¡que cousa mais pequeniña!,
no seu xesto hai medo, ben se nota que se sinte indefensa; lóxico.
¡¡e que cumpla moitos mais!!
biquiños,
que cousiña bonita...
deixame sorprendida iso que contas do parto... a miña cadela qu estivo comigo 13 anos, tivo dous partos, e do primeiro nin nos enteramos... á mañá tiña os cadeliños todos a mamar nela, e o cocho que fixera no armario da roupa de lavar, apenas sin restos nin rastros.
sempre foi unha cadeliña listísima, todo aprendido nos seus xenes.
oh vaia, que agora que leo o comentario, parezo eu toda fachendosa da miña cadela (que sí que o estaba), pero iso non quere dicir que non comprenda que os animais teñen tamén cousas que superar, e que uns destacan por uns motivos e outros por outras, que cada un ten o seu carácter e non hai ningún igual a outro, por iso lles queremos tanto: por únicos e especiais.
A naturaleza ten cousas así.
Feliz cumpreanos.
Como pasa o tempo!
X
Dous anos xa !.
Parabéns !.
Dous anos xa !.
Parabéns !.
Melas,moi feliz cumpleanos.
Eu tiña un canciño
que veu a marola
Eu tina un canciño
que veu a marola
E baila o fandango, e ben, ben, ben
E baila o fandango, e ben, ben, ben
E baila o fandango, ay meu ben
Cunha perna sola
E ben, ben, ben
Publicar un comentario