Na tenda de agrofauna tiven ocasión de ver de preto un dragón barbudo sobre a man do dono e sorprendeume comprobar o pacífico e tranquilo que semellaba malia o seu impoñente aspecto. Os hámsters e coellos non por cotiáns resultan menos interesantes e gústame observalos cando comen ou se acochan uns con outros, ou cando se erguen sobre as patas traseiras e ollan ao seu redor cheos de curiosidade.
E que dicir das cadelas? Á parte de seren de seu un espectáculo moi agradable, ás veces traen inquilinos do máis sorprendente, coma o diminuto caracol -a veciña chámao caramecha- que viña prendido nun rizo de Melas. Cando o coloquei no cinceiro e vin como se movía e intentaba zafar, non puiden evitar collelo con coidado e botalo ao xardín antes de que a súa caseira se interesase demasiado por el.
4 comentarios :
non sei o porquè,pero antes de sacar unha caramecha da casa pra horta hai que decirlle:
Caramechinha,caramechola
vaite ti pra casa sola.
a túa vida contemplativa é moi fructífera é para mín unha gozada... aínda que lle teño fobia ás arañas.
o sentido do asombro, do que falaba eu o outro día no blog.
biquiños,
Está ben observar. Moi seguramente eles tamén nos observan a nós...e canto rirán polos comportamentos que adopatamos!
pois a min o dragón ese ... dame algo de cousa.!
os insectos non son moito do meu gusto, inda que non os mato; pero os réptiles... uf
mellor as cadeliñas :-)
Publicar un comentario