4.6.04

Barallas do Tarot
Desde o Visconti-Sforza e o máis difundido Tarot de Marseille, ás máis modernas barallas editadas a partir dun revival algo inexplicable, existe unha amplísima variedade de mazos; da ducia que posúo o meu favorito é o de Waite, porque todos os naipes, non só os arcanos maiores, representan escenas cuxa simboloxía remite a diversas tradicións. A especialista Rachel Pollack vainas debullando unha a unha nos dous tomos de Los setenta y ocho grados de sabiduría del Tarot nun estudio que supera a mera análise para afondar nos recunchos máis íntimos da mente.
Á marxe de lecturas do futuro, contemplar estas cartas é entretido e, se me apuran, algúns poden atopar nelas actitudes e aptitudes coas que nunca imaxinaron soñar.

Ningún comentario :