26.6.04

Dependencias
A estas alturas non é ningún segredo que quen fochica en Gradicela e lle fai os cambios é o señor Cesare roubándolle tempo ao seu absorbente traballo. Como agora anda polas illas curándose do estrés e da hospitalidade á que tan afeccionado nos resultou, aquí estou eu mordendo unllas e calmando a espera ata que me poida visitar.
No último fochique seica tivo un pequeno accidente, amais de esquecer un par de detalles. Nada grave, pero desconcertante. Pedireille de novo que me aprenda a meter fotos (devezo por decorar esta casa con eses engadidos tan vistosos), aínda que as veces que llo suxerín comentou -con todo o respecto do mundo, pero soltouno sen mudar a cor- que era moi complicado para min.
Xa se sabe: Cría corvos...

Ningún comentario :