21.6.04

Seguir unha autora
Leo Un barco cargado de arroz de Alicia Giménez-Bartlett, a quen sigo desde Ritos de muerte, a primeira novela protagonizada por Petra Delicado e Fermín Garzón. Xa van cinco desta serie cuxos personaxes crecen, experimentan cambios e adquiren matices nos que a autora afonda amodiño, de xeito firme, con plena coherencia.
A destreza da escritora en plasmar ambientes queda fóra de toda dúbida; a aparente facilidade de introducir detalles que che fan soltar a gargallada, malia non prestarse o tema para o riso, amosa unha vez máis que drama e comedia forman parte dun todo indisoluble.
Novela policial de calidade, con personalidade de seu, personaxes incompletos que se van redondeando paso a paso, libro a libro. A serie de televisión non lle fixo xustiza, e Segura non daba o tipo dun Garzón cincuentón e sabido. De Ana Belén, mellor non falar.

Ningún comentario :