7.11.04

Carrizo
carrizopedro
A primeira vez que vin un carrizo ao natural e o identifiquei como tal foi aquí, no xardín da casa onde vivimos desde hai ano e pico. Envorcábase na terra ao pé da camelia branca igual que se estivese practicando natación coas ás. Asistimos ao espectacular baño con ese sorrisiño parvo que se nos pon cando ollamos cachorros xogar e gozar, por moito que o paxariño nin fose cachorro nin estivese xogando; procuraba -coido- quitar parásitos de enriba.
Temos costume de comparar os animais coas persoas, se cadra porque todos somos uns. A min este carrizo, un dos paxaros máis cativos desta terra esquecida, faime pensar en Opedriño. ¿Va que si?
Nota 1: Prometo non volver falar del... durante algúns días.
Nota 2: A foto collina prestada desta páxina.

Ningún comentario :