23.11.04

Sen pausa
Deixo o Capitán Osoazul de camiño ao cerebro do bologg guiado por 16H, unha mala idea, tras saír coa súa axuda dun charco de cerume (puagggg). Non esperaba semellante escena despois do xantar, pero o humor e a retranca de Walter Moers evitaron que me librase da comida antes de tempo.
Agora estou na fase devoradora; arrastrada pola fantasía febril do autor, por unha imaxinación demoledora, tiro para adiante coa lectura ansiosa por saber qué novas sorpresas me depara; ironías, chiscadelas e sornas varias escápanme unhas cantas -temo-, malia que pillo as suficientes para gozar coma unha pirata anana de Zamonia e dos seus curiosos seres.
Había tempo que non me notaba tan sorrinte mentres leo.

Ningún comentario :