18.11.04

Cousas da vida
praia
Mañá iremos a Auria para pechar unha porta; non sinto mágoa nin se me amorean lembranzas nin morriñas, se cadra porque os últimos anos alí non foron doados de vivir.
Antes, cando pensaba en momentos coma este, estaba convencida de que doerían un chisco, como se te fixeses unha pequena ferida na pel co canto dun folio. Porén sinto unha especie de baleiro, ganas de rematar canto antes e continuar un camiño do que ignoro case todo.
Aínda non me pasou a rabia por completo e amólame pechar esa porta deste xeito, sen entusiasmo nin pracer, sen ilusión. Pero as cousas da vida son así, independentes de soños e esperanzas, reais. E non hai qué lle facer.

Ningún comentario :