2.11.04

O fotógrafo
Un rapazolo duns vinte anos, coa melena crecha atada nunha coleta, barba rala e pendentes de aro nos cartílagos das orellas, enfócame coa cámara e rompo a rir. Cando quero decatarme, e tras mínimas indicacións que case non me dá tempo a seguir, o retrato está feito; amósamo, non me gusta, retrúcame un lacónico marabillosa e, pouco convencida, non insisto en que ma repita. Cando lla amoso a B, segura de que terá algo que apoñer, sorpréndeme facéndose linguas da fotografía, que se patatín que se patatán.
¡En fin! ¿Con que ollos me mirarei?

Ningún comentario :