22.11.04

Post tenebras lux
Ese é o lema escollido polo Clan McPotter para o seu escudo, materializado por unha paciente Mimi McPotter que aturou indicacións contraditorias, gustos dispares, contragustos e todo o que se nos ía ocorrendo aos membros deste grupo de chalados medio muggles medio meigos.
O fénix -animal totémico votado pola maioría- representa en parte ese impulso que nos leva todos os días ao foro de Akin para ler os esbardalles que se van amoreando nunha chea de spoilers. Acabo de informarme do seu simbolismo para os cristiáns e non sei de qué me asombro, pois de todos é ben coñecido o afán que os moveu sempre a asumir como propias desde as festas do Entroido até a celebración dos magostos.
En calquera caso, ao Clan McPotter tanto lle ten: estamos de celebración.

Aixu McPotter.

Ningún comentario :