Agradable, simpática e entretida foi a presentación d'A verdadeira historia da mosca da tele de María Solar. Francisco Castro, Quico Cadaval e Tonhito de Poi acompañárona no Ateneo de Ribeira contribuíndo a que o acto resultase ameno e mesmo emotivo. En primeira fila, coma adoito, puiden escoitar sen dificultades as palabras dos catro, comprobar como funciona un verdadeiro editor, divertirme coa habelencia dun home de teatro e gozar por primeira vez da fermosa voz dun músico; e, madía leva, quedar encantada coa autora e a súa simpatía.
Agora quédame ler o libro, asinado por María Solar, que ten unha pinta estupenda. Noraboa a ela e aos seus acompañantes!
27.12.12
22.12.12
Tempo de casa
En xeral, non me desgusta a chuvia; é máis, se pasan moitos días sen ela, éntrame algo semellante ao desacougo. Claro que se non para durante semanas, chego a sentirme agoniada, sobre todo se vén acompañada da típica ventada que fai inútil o paraugas.
En xeral, son unha persoa bastante caseira; gústame estar ao abeiro con caloriña agradable rodeada das miñas cousas e seres queridos, dando aloumiños aquí e acolá ou charlando con calma ou lendo un bo libro. Claro que cando o tempo é moi ruín e non queda outra que permanecer na casa durante días, acaban por entrarme unhas ganas tolas de ruar.
Por sorte, comezaron as vacacións e durante máis de dúas semanas B non terá que ir ao traballo e poderemos facer plans en común ou, tan só, compartirnos sen máis interrupcións cás imprescindibles.
Pero, por favor!, onde está ese anticiclón tan desexado?

15.12.12
O meu heroe
Quen a estas alturas non coñeza a obra de David Rubín non sabe o que perde, pero como non a todo o mundo lle atraen os tebeos -esa arte que une dúas e tan difícil e completa me parece-, cómpre desculpalos. A saída do segundo libro de El héroe está provocando críticas entusiastas que comentan influencias e gaban a técnica, a imaxinación e o estilo deste estupendo autor; tamén dan conta do enorme traballo que se precisou para sacar adiante unha obra tan complexa, cuxo protagonista vai evolucionando desde o principio á fin sen perder en ningún momento a humanidade.
Cando rematei a súa lectura enchíame tal abraio que me resultaba imposible traducilo en palabras, a min que coidei que sempre se poden expresar os sentimentos e as sensacións; necesitei varios días para dixerir e comprender qué acontecera. Á marxe de cuestións persoais (quero moito a David), El héroe marabilloume polo debuxo, a cor, o ritmo narrativo, as secuencias, a imaxinación e a creatividade do autor, pero tamén, e moito, pola súa sabedoría vital. Transmitir unha emoción cun aceno da face ou un movemento demostra que a técnica é básica, pero resulta fría sen paixón, e paixón desborda cada viñeta, cada detalle, cada pincelada desta inmensa obra; imposible non percibila, pois vai directa ao corazón.
El héroe conmoveume e conmocionoume. Que máis podo dicir?

12.12.12
A quen non lle gusta rir?
Na xuntanza de onte os membros do club de lectura comentamos O bosque dos raposos aforcados de Arto Paasilinna, autor do que xa lera outro libro. Todos coincidimos en destacar antes ca nada a primorosa tradución ao galego de Tomás González Ahola, o que levou a constatar algo evidente: a alta categoría e calidade de moitos profesionais galegos relacionados coa cultura.
Gustounos a todos o humor desmesurado e retranqueiro da novela, a evolución dos personaxes e a súa caracterización, as situacións case irracionais que se producen e a algúns chocoulles que, a pesar de seren pícaros e delincuentes, un acaba por collerlles simpatía e agarimo. Velaí a habelencia do escritor, apostilei eu.
No mundo hai moitos libros interesantes para ler, demasiados se cadra, o que dificulta abondo a escolla, pero este resultou unha verdadeira delicia, aínda que tamén posúa o seu lado escuro tras tanto riso.

30.11.12
Alto á Garda Civil!
Onte rematei de ler La marca del meridiano de Lorenzo Silva, de quen sigo a serie dos gardas civís Bevilacqua e Chamorro desde o principio. Nesta entrega colaboran con outras institucións policiais para resolver un caso que se vai complicando a medida que avanza a investigación. Nada que apoñer á novela -non só entretida, senón tamén interesante- máis ca un pequeno detalle que me foi chiando a partir dun determinado momento: nos diálogos os personaxes falan case todos igual, cunha sintaxe abondo elaborada, máis propia de tertulia literaria ca de charla fluída e espontánea. Por momentos soábame tan artificial que torcía o fociño de desgusto. Trátase, claro, dunha impresión moi persoal na que puideron influír as circunstancias, aínda que sospeito que en todas as lecturas ocorre o mesmo.
En calquera caso, o mellor é que cadaquén opine de seu.
En calquera caso, o mellor é que cadaquén opine de seu.
28.11.12
Reaccións
Unha amiga preguntoume unha vez se Dona e Melas tiñan caracteres diferentes, ao que eu contestei que por suposto, madía leva!; o feito de que pertenzan á mesma especie non implica que se comporten igual ao cento por cento, como tampouco o facemos os humanos. Agora que ando con tanto coidado a causa da dor, Dona óllame abraiada a certa distancia e procura non cruzarse moito no meu camiño, aínda que se me ve sentada e tranquila, achégaseme para recibir e dar aloumiños; en todo caso, procura non separarse moito de min e acompáñame decotío. Melas -xa teño dito que lle encanta dar bicos por todo- vén con moito meneo de rabo e lámbeme os nocelos, a única parte do corpo que levo ao aire.
Aínda que semelle amor de ama, estou convencida de que SABEN que adoezo e cada unha faise cargo e reacciona ao seu xeito.
A cousa vai lenta, demasiado para o meu gusto; xa falei co médico e non se pode facer máis do que se está facendo, así que continuarei cos malabarismos para sentar e erguerme ben aferrada a paredes e mobles, seguirei cos paseíños a ritmo de anciá e pedirei a quen haxa que pedir unha pronta recuperación.
Por certo, este é o post número 1000.

25.11.12
17.11.12
Mañá de sábado
O ceo está cuberto por completo e cae unha chuvia mansa; non se ve o mar nin moito menos Cambados ao outro lado da ría máis grande do mundo; os piñeiros dos arredores permanecen quietos porque non sopra vento que os axite; Dona, coma adoito, deitouse á miña beira e Melas meteuse na sala de lectura a mirar polo balcón; B arranxa e ordena a cociña poñendo a proba esa facilidade tan súa para colocar moito en pouco espazo, e eu lembro o axiña que pasou a semana e a cantidade de cousas que observei e das que me informei charlando con xentes diversas. Moitos contan a súa vida, os seus problemas económicos e persoais e o difícil que se puxo todo coa crise que nos aperta; todos intentan saír adiante como poden, manteñen a esperanza e o ánimo porque hai que vivir; a maioría procura facelo en paz, sen meterse con ninguén, respectando as peculiaridades dos demais. Cambiou a actitude de tendeiros e hostaleiros, dan as grazas por todo e non aforran sorrisos amables; de feito, xa non hai quen os aforre: á fin de contas, son de balde.
8.11.12
Insistencia
Comecei a seguir o autor deste libro a principios da serie, máis ca nada -xa o teño comentado aquí- porque me gusta(ba) como crítico literario, aínda que coma escritor de novela policíaca, como se autocualifica, non acababa de chistarme. Coa anterior entrega, premio Torrente Ballester de novela, coidei que a cousa despegaba e que J.M. lle pillara o pulso á serie, aínda que tampouco puiden evitar que as miñas expectativas se visen un pouco desconcertadas. Con esta sexta novela ocorreu algo semellante: está ben armada e trabada, aínda que con algún punto frouxo; ben escrita, malia que por veces se faga un chisco pesada; o personaxe principal vai medrando, a pesar de que ese medre non sexa o agardado (algo que me parece ben), e, en fin, o resultado final non é malo, pero... Non sei moi ben en que consiste esa leve -ou non tan leve- insatisfacción que sentín ao pechar o libro, non tanta como para chorar os cartos investidos, mais abonda para pensar "por que o sigo?" Porque é un crítico elegante, fino e sensible, se cadra?
Non coñezo a resposta; quizais na seguinte entrega poida discernir con claridade ese porqué.
Non coñezo a resposta; quizais na seguinte entrega poida discernir con claridade ese porqué.
4.11.12
Bechocos
Na tenda de agrofauna tiven ocasión de ver de preto un dragón barbudo sobre a man do dono e sorprendeume comprobar o pacífico e tranquilo que semellaba malia o seu impoñente aspecto. Os hámsters e coellos non por cotiáns resultan menos interesantes e gústame observalos cando comen ou se acochan uns con outros, ou cando se erguen sobre as patas traseiras e ollan ao seu redor cheos de curiosidade.
E que dicir das cadelas? Á parte de seren de seu un espectáculo moi agradable, ás veces traen inquilinos do máis sorprendente, coma o diminuto caracol -a veciña chámao caramecha- que viña prendido nun rizo de Melas. Cando o coloquei no cinceiro e vin como se movía e intentaba zafar, non puiden evitar collelo con coidado e botalo ao xardín antes de que a súa caseira se interesase demasiado por el.
27.10.12
Cores e prexuízos
A lantana é unha planta ben linda que nos regalaron nun testo os criadores de Dona hai algún tempo. A primeira vez que a vin -na horta dun veciño- lembroume unha hortensia en miniatura, malia as evidentes diferenzas que as distinguen; cando M e J trouxeron este exemplar sacudiume o pensamento* de que semellaba unha bandeira. Non tardei en rexeitar esa idea como impertinente e gocei durante o seu crecemento desde que a puxemos en terra pegada a unha parede da casa; medra vizosa desde a primavera ata máis ou menos esta época do ano e achega moita ledicia a esa parte da horta; é moi agradecida e apenas precisa coidados e, aínda que non cheira, atrae abellas e abellóns acotío.
Aínda que o pensamento* non desapareceu, conseguín non telo en conta á hora de contemplala, pois, á fin e ao cabo, dun xeito obxectivo, a combinación de cores resulta moi alegre e vistosa á marxe de calquera prexuízo nacido de non se sabe onde.

20.10.12
Día de reflexión
Desde hai un par de semanas mamá non xoga moito comigo e cheira diferente; debe de ser agradable para os cans porque tanto Roco coma Imbécil xa se meteron varias veces na nosa horta con intención de xogar con ela. B sácaos de moi má maneira e Peke bótalles caldeiros de auga por riba do portón, polo que sospeito que non lles fai graza ningunha que eses dous rolden a casa e se introduzan na leira sen seren convidados.
Agora estamos as tres no estudio, Peke aporrea teclas e nós as dúas agardamos deitadas detrás da súa cadeira; fóra, B pasa a máquina de rozar e controla, para iso é o macho alfa. Teño sorte de que sexamos catro, pois mentres mamá está así, tan rara e desapegada, podo xogar con eles dous, aínda que non é o mesmo; B dáme brasa, pero Peke é moito máis repousada e mesmo se afasta de min cando me poño a correr. Sospeito que non esquece que a lesionei sen querer hai un ano, non a podo culpar.

12.10.12
BookCrossing
Jacob Most é un autor polifacético, como se pode ver nos variados temas que trata nos seus libros; tamén fixo películas , escribiu guións, foi realizador de TV e publicista. Non o coñecía de nada, pero gustoume o título que Interrobang ofreceu para que viaxase onde alguén amosase interese, previo rexistro en BookCrossing. Acabo de rexistralo agora mesmo para que vaia a Maryland, xunto ao meu bo amigo P. Espero que non o tome a mal ;).
Que me pareceu La muerte chupa cámara? Por un lado prometía ser unha novela orixinal e diferente, cos tópicos habituais da novela negra e, madía leva, con moita acción, pero... a cantidade de asasinatos brutais por un pai entolecido e astuto, as abondo numerosas escenas de sexo relatadas dun xeito case infantil, a excesiva rapidez coa que transcorre todo (tres días non semella moito tempo para matar unha ducia de persoas situadas en distintos puntos da cidade) e o espantoso ou nulo traballo de corrección converteron a lectura nun constante rosmar polo baixo e un continuo preguntarme como era posible que se publicase o libro. Iso sen contar que a historia de amor era máis que previsible desde o primeiro momento. Quizais o que máis me molestou foron as erratas e faltas de ortografía que salfiren o texto sen compaixón e os toques infantiloides de Camaleón, que se supón un tipo curtido. En fin, a ver que di P.

6.10.12
Tempo de setas
Non coñecía a existencia dese virus que salta de xeito inopinado e comunica que o ordenador (este!) está bloqueado pola POLICÍA NACIONAL -nada menos- e indica que a multa de 100 € cómpre pagala mediante un proceso un tanto curioso.
Como son da vella garda, e non quero problemas coas forzas da orde pública, dirixinme decontado á comisaría para pedir explicacións. Así como comecei a falar, as dúas persoas que me atenderon saltaron ao mesmo tempo: iso é un virus que non ten nada que ver connosco. Vale, estupendo, que ben!
Tan amables foron que mesmo chamaron un compañeiro que me indicou como eliminalo. Ben é certo que logo fun pedir papas á tenda de informática onde se encargaron de todo, e todo incluíu varias horas porque o ordenador estaba invadido de elementos alleos ao sistema.
Sei que a indignación non serve de nada, pero non puiden evitar lembrar toda a parentela dos fillos de mala nai que se divirten -ou o que sexa- amolando honrados cidadáns que non se meten con ninguén. Porca miseria!

29.9.12
Club de lectura II
En efecto, a ningún dos que acudimos á xuntanza nos gustou Guinea, a pesar de que ten moitos ingredientes para facelo. Algúns detalles resultan inverosímiles ou pouco cribles; determinadas escenas -coma a dos gorilas- semellan, en xeral, fóra de lugar e mesmo provocaron expresións de por favor! en varios integrantes do grupo; a caracterización dos personaxes non acabou de callar, e, en fin, o conxunto non se apreciou como afortunado.
Para o vindeiro mes escolleuse La hija de Robert Poste de Stella Gibbons que, malia gozar de boas críticas e numerosas reedicións, tamén provoca rexeitamento, como se pode ver nos comentarios do primeiro enlace deste parágrafo. Porén, a min divertiume e, a pesar de non rir ás gargalladas, unha sombra de sorriso cubriume os beizos durante a súa lectura, e iso que non sei inglés e perdín moitos xogos de palabras e ambigüidades que a tradución non pode reflectir.
Veremos qué nos depara a próxima xuntanza.

22.9.12
Club de lectura
Fernando Gamboa é o autor da novela que o club de lectura comentará o próximo xoves e que rematei hai uns minutos. Aínda que pareza mentira, é o primeiro libro que leo nun soporte distinto ao papel e, a pesar de todas as miñas reticencias, non resultou tan incómodo como eu coidaba.
Non me acabou de convencer esta novela de aventuras, odio, amor e -se se quere- denuncia, narrada en primeira persoa. Cun ritmo áxil, descricións variadas, diálogos verosímiles e multitude de ingredientes, semella que o ten todo para gustar ou, cando menos, atrapar o lector; e iso -atrapar o lector- conségueo bastante ben, pero... Hai algunhas construcións que non identifico como correctas en español; o desenvolvemento da acción é tan rápido que todo pasa ante os nosos ollos coma se fose unha película sincopada; a virada final resultoume estraña, coma se non cadrase co anterior, e máis parece que o autor a deu para saír do paso que por coherencia co relato... En fin. Supoño que é cousa miña, pois os comentarios que atopei sobre ela son abondo positivos. A súa lectura non foi tempo perdido por completo, pero nun mundo onde hai tanto que ler, este libro non me chamaría se non se suxerise no club de lectura.

15.9.12
Días en Teucro
Malia non estar presente, sei que a nai de B marchou cun livián suspiro, de xeito apracible grazas a un médico con conciencia, sen sufrimentos engadidos aos xa padecidos durante catro anos. Non houbo máis bágoas cás vertidas durante ese tempo en que Mimí foi mirrando día a día, perdendo a noción da realidade e a fala, a capacidade de comunicarse con soltura, de saber que dicir e como dicilo. Descanse, por fin, en paz.
8.9.12
Oír
Os aparellos non posúen a versatilidade do oído nin a súa capacidade de adaptación, por iso os ambientes ruidosos constitúen un auténtico suplicio, as sirenas das ambulancias, os berros agudos dos meniños, a música dun concerto en directo, mesmo o tráfico e as buguinas chegan a resultar case insoportables, xa que fan vibrar fisicamente os audífonos e os oídos. Molestias menores, se cadra, mais suficientes para limitarme en certas actividades, é dicir, para impedirme realizalas.
Porén, oír é unha auténtica marabilla; os rechouchíos dos paxaros, o zoar das pólas, a voz humana, a música non moi alta, a unión entre un movemento e o correspondente son, a profundidade que lle dá a audición ao mundo..., todo iso é impagable.
E si, confeso que me amolan os chistes sobre xordos. Tamén me amola que non me chamen xorda e si discapacitada auditiva. Por favor!
6.9.12
Cartas
É esta unha novela curiosa por estar escrita a catro mans e seren os protagonistas Salvo Montalbano e Grazia Negro, personaxes de dous autores diferentes: Andrea Camilleri e Carlo Lucarelli. Entre cartas e atestados, os dous policías colaboran na resolución dun crime que os superiores de Grazia non teñen moito interese en resolver. De Carlo Lucarelli só coñecía Almost Blue, que lin hai algúns anos e non me entusiasmara demasiado. De Andrea Camilleri, porén, coñezo bastante máis, tanto da serie de Montalbano coma doutros libros independentes, por iso tiña gana deste que comento.
Trágase nunha tarde, é ameno e de doada lectura, posúe un bo ritmo e ten o engado dun xogo no que un autor non sabe como seguirá a acción ata que non lle chegue por correo o capítulo anterior.
2.9.12
Fin de festa
E mañá haberá que volver ao ritmo cotián do curso. Aínda é verán, pero como se xa non o fose.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)