En tres segundos
Foi o primeiro accidente da miña vida; por mor desta poalla noxenta que nin nome de chuvia chega a ter, formouse unha película no asfalto que confundiu ao meu coche e o levou a coidarse un aprendiz de bailarín; xirando sobre si mesmo achegouse á beiravía, tropezou sobre o muro dunha leira que está a un nivel máis baixo cá estrada, deu a volta e detívose panza arriba. Eu, madía leva, alucinaba dentro, nin tempo me deu a asustarme. Tardei uns minutos en decatarme da nova posición, quitar a chave de contacto, buscar o telefonino no teito e chamar ao 061.
A aparencia do cochiño fai temer o peor: teito, capó, parabrisas e parte traseira desfeitiños (non o vin aínda; contáronmo), pero parece que a conductora é dura e librouse cun par de escordaduras e dores espalladas pola súa xeografía.
Estou bastante ben, disposta a seguir dando a lata a quen mo permita. Iso si, aínda máis consciente de que a vida é un regalo que en calquera momento cómpre devolver.
(Acéptanse mimiños virtuais).
Ningún comentario :
Publicar un comentario