Na casa
O mal tempo aconsellounos ficar na casa, non vaia ser o demo que deamos un mal paso por esas
estradas de deus ou por
pontes perdidas nas alturas.
Lamento non poder ver hoxe a
Opedriño, mais haberá outras ocasións para que me morda unha man ou me chuche un dedo antes de se lle afiaren os dentes.
Se hai uns días reloucaba de contento pola volta de
Ike, ese tenro artista do lapis e a palabra, agora ando algo (bastante) amolada pola despedida de
Teki, pois unha acostúmase ao bo e cústalle renunciar ao pracer de mergullarse nuns textos serios e humorísticos asemade, retranqueiros acotío e sempre sempre cargados de cálida humanidade. Pero, ¡en fin!, así é a vida: dá e quita, reparte e retira segundo lle peta. E non hai qué lle facer.
Arestora ocúpome en afacerme ao novo
coche (que aos seus dez anos de novo ten pouco), darlle algún golpiño na defensa traseira para non perder os bos costumes e calibrar o tamaño por aquilo de aparcalo sen ferir a ninguén.
O meu ex-coche case seguro que pase a mellor
vida -snif, snif-, aínda que espero confirmación oficial. Xa non será posible pasear nel cando B se xubile.