12.12.04

Mans
mans

Creo que me estou facendo maior; sorpréndome revisando o pasado, lembrando actitudes, xestos, desexos non cumpridos, repasando...
As miñas mans baleiras dos catorce anos obsesionábanme; nunca souben por qué se produciu aquela intensa sensación de desamparo que me levaba a pedirlle á compañeira de pupitre que enchera as miñas coas súas. Logo, a ausencia de mans tendidas foi unha constante; camiñaba ás apalpadelas por un mundo cercado, carente de saídas e de entradas, labirinto sen paixóns que non conducía a ningures. Tardei tanto en medrar, tanto, tanto, que aínda hoxe me pregunto ás veces se son mentira ou realidade. ¿Sexismundo, quizais?
Non comparo o presente co pasado, pero teño certezas, unha cando menos: sempre atoparei una man tendida. E non, as miñas xa non están baleiras.

Ningún comentario :