3.12.04

Uns poucos nervios
Pois nada, que mañá iremos a Auria e pararemos nun hotel (non hai ligazón porque non ten páxina destas) rematado de acondicionar hai pouco tempo. Reservei tamén cuarto nun da Aldea Sagrada para as festas do Nadal, porque xa gañan as ganas de estar coa familia, bastante vida a menos en cuestión de saúde. Se as circunstancias o permiten, verémoslle a face a Cesare, o que sempre é unha alegría, xa supoñen por qué (os axóuxeres latexan sen que un se decate).
Ai, si, qué nervios. Será a primeira vez que durma nun hotel en pleno centro da cidade onde vivín moitos, moitos anos; verei amigos, pasearei por rúas máis que coñecidas e, de seguro, terei encontros indesexados, pero tanto me ten porque estou contenta. Sorrisiños de compromiso, cariña de non ter roto un prato na vida e moita présa por cumprir datas e compromisos abondarán para sacudilos de enriba.
Porque, aínda que pareza mentira, eu tamén son bastante antisocial cando me peta.
Pois iso, até a volta.

Ningún comentario :