3.1.05

Aclaracións
As fotos do anterior post non son da miña autoría. Qué máis quixera eu que ter a cámara xa no meu poder; pero todo está suspendido, á espera de que B se poña ben (catarreira con molestias estomacais; cousa leve pero molesta) e eu tome algunhas decisións, como, por exemplo, mercar un vehículo no que me sinta cómoda. O emprestado non me acaba de chistar, se cadra por ser demasiado grande para o meu tamaño e pouco cómodo para as miñas esixencias de benestar. Resulta incoherente ter tanta carcasa e tan pouca mobilidade interior, cando menos para min, que son a raíña da comodidade.
Que conste que fago fotos mellores (sí, mellores) cás que aparecen aí abaixo, e que son capaz de guiar calquera automóbil con dirección asistida, pero... non se trata diso. Trátase, máis ben, de identificarse co que guías ou co que disparas. E iso require un tempiño de reflexión (amais de cartos, claro).

Ningún comentario :