Frustración
O individuo veu -¡¡por fin!!- a mirar a fochanca que impide meter o coche no garaxe, a menos que queira aterrar nas profundidades insondables do descoñecido. Entrou con mal pé antes de entrar, ao contarlle ao dono da casa unha mentira; nada máis poñerme o ollo enriba, faime unha presunta broma de corte machista que me puxo máis tesa ca un poste e xa non houbo qué lle facer; de remate, empeñouse en falar co sogro do dono en vez de co dono, malia a miña insistencia de que o sogro non pintaba nada neste enredo. Imposible reproducir o diálogo cun mínimo de fiabilidade, pero quedei rabiosa, con ganas de morder a alguén ou darlle un meneo para sacudirlle as arañeiras do cerebro.
Non son de natureza violenta, pero a estupidez extrema pode comigo. E había moito tempo que non atopaba un exemplar tan puro de Cromagnon. Non quero pensar qué ocorrerá se se fai cargo do traballo; poño en dúbida poderme conter.
Ningún comentario :
Publicar un comentario