Procesos
Desde que marchamos de Auria gañamos unha tranquilidade tan benfeitora que nos converte nun par de axóuxeres que deben envolver en algodón de cando en vez a bóla sonora para non chamar a atención.
Desde que vivimos aquí collo menos catarreiras e menos fortes; os oídos agradéceno.
Desde que marchamos de Auria coñezo un equilibrio que me marabilla, cando menos, oito horas ao día.
Desde que vivimos aquí o meu B relouca de contento, ri moito máis e bromea varias veces ao día.
Desde que marchamos de Auria e vivimos aquí fixemos novos amigos sen perder os que quedaron.
Comprobo unha vez máis que os procesos son lentos mentres transcorren, ás veces duros, mais sempre traen algo mellor có que tiñamos antes de inicialos..., a pesar de todos os pesares.
Ningún comentario :
Publicar un comentario