30.1.05

Labazada


Máis acotío do que me gustaría sacódeme a labazada da realidade coma se antes dese momento non estivese aí; nesas ocasións asoláganme o cansazo e a tristura mesturados e permanezo durante un tempo indefinido baixo os seus efectos, sen conseguir acelerar o regreso á normalidade, perdida perante a constatación da miña cegueira, apesarada por ela.
Entón doulle corda ao vicio de remoer até o esgotamento os motivos, coma se a forza de repensalos acadase esvaecelos, cando en verdade o que consigo é encistalos máis e máis. Impoñeríase un exercicio de distanciamento, difícil pero non imposible, para que as pezas do crebacabezas ocupasen os lugares habituais ou, de continuaren revoltas, non mancasen tanto.
Entrementres a realidade segue o seu curso.

Ningún comentario :