23.1.05

¿Outra mudanza?
Atopo na páxina da empresa a posibilidade de que se arranxe dunha boa vez a estraña situación laboral de B. De confirmarse, aterrariamos na Ítaca de Paleón. Busco páxinas que me informen sobre a zona e recibo un sobresalto ao ver o grande que é, máis que vila, cidade xa.
Cumpriría deixar isto, adaptarse ao cambio, buscar de novo o noso lugar. Se cadra signifique o acougo por unha tempada algo longa e para min iso estaría ben, porque me gusta sentir que pertenzo a algures, que non ando á deriva sen orde nin concerto, que teño un centro...
Mais, como dixen antes, polo momento estamos aquí e agora. Mellor non pensar demasiado no que aínda non chegou.

Ningún comentario :