20.1.05

Miserias humanas

O luns vanme facer unha apicectomía nun incisivo central que leva dándome a lata desde hai máis de vinte e cinco anos. O máis probable é que me acaben realizando un implante, xa que non confían en que quede óso abondo para conservar a miña raíz.
En abstracto a cousa non ten maior importancia, unha pequena cirurxía -como din eles- e listo; en concreto, cómpre ter en conta o medo do paciente (non esquezamos que é libre), os nervios, a súa tendencia a desencaixar a queixada se ten aberta a boca durante algún tempo, a sensación de afogar con tantos obxectos aí metidos, e unha serie de detalliños máis que, repito, carecen de importancia.
¿Por que será, entón, que me bate o corazón coma un tambor só de pensalo?

Ningún comentario :