Polo xeral non nos decatamos de cándo comeza a producirse un cambio en nós, se cadra porque vivir leva bastante traballo e non estamos para mirarnos o embigo a cada momento.
E menos mal que ocorre iso, pois sería bastante triste arrastrar sempre as mesmas manías, permitir que nos guíe unha única teima ou considerar que a idea do mundo que tiñamos aos vinte anos serve para os corenta.
Recoñezo que me gusta mudar a pel, decatarme de que o paso o tempo me trouxo algo que necesitaba saber e, en suma, descubrir que non son un estanque, senón un regato, ás veces calmo, ás veces avolto, mais sempre en movemento.
Ningún comentario :
Publicar un comentario