24.6.13
Sol, por fin
Notar o sol converteuse no pracer máis grande do mundo, malia temer que non dure abondo para recuperarnos de tanta auga e grisalla. As flores xorden por todas as partes e o horto está salferido de cativas xoias en miniatura que dá mágoa chapodar. A roseira da foto é pequena pero alegra a entrada da casa coma unha promesa. Desde a ventá vexo os piñeiros do fondo axitados polo vento e, máis alá, o mar en falsa calma. Dona deitouse detrás da miña cadeira, como adoito; aínda non chegaron os días críticos do celo, pero xa se puxo máis esixente á hora de pedir aloumiños. Para min esta escena é sinónimo de paz e tranquilidade. Oxalá dure!
4.6.13
Cambio II
A-LU-CI-NAN-TE.
Xa non só porque a furgoneta está ben, é doada de guiar, ten unha visibilidade estupenda e unha capacidade que supera as nosas expectativas, senón tamén porque o home que ma vendeu resultou ser un amigo de B a quen este non vía desde había trinta anos.
O encontro foi conmovedor.
Iso si, as cadelas, polo momento, non quixeron entrar. Débelles cheirar demasiado a novo.

Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)