|
Melas non deixaba a pelota por se alguén se animaba |
|
Dona deitada na plaqueta, abafada por completo |
O peor da onda de calor foi a súa aparición súbita despois dunha primavera inexistente. De necesitar zapatos, calcetíns e chaqueta pasamos sen transición a suar abafados polo ar do Sahara. O primeiro día que chegou erguinme da cama e notei que algo non andaba ben; a
lumbalxia aguda desta vez (a terceira que padezo no que vai de ano) apareceu sen eu facer nada para merecela; aturei a
faixa lumbar dous días, pero a intensa calor converteu en suplicio o que debería ser axuda.
Dona e
Melas buscaban conforto no interior da casa e, de cando en vez, achegábanse a min procurando caricias, ignorantes -miñas pobres- da calor que os seus corpos emanaban; imposible sacalas de paseo ata a noite ou a madrugada e, por riba, tiñan que durmir dentro porque
Dona estaba en celo. Aínda así entrou na horta
Rouco, un can veciño polo que esta cadela sente predilección, e non sabemos canto tempo estivo aquí; así que... dentro duns días cómpre facerlle unha ecografía e, se o anano ese deixou recado (espero que o seu cativo tamaño llo impedise) haberá que tomar medidas. En fin, unha delicia.