23.2.14
22.2.14
Cando María Reimóndez estivo no club de lectura
Tiña gana de coñecela e agardaba con impaciencia o día 20 de febreiro, despois de acordar outro e trasacordar; porque cando unha ten un traballo coma o seu e unha actividade tan intensa noutros aspectos non é doado concordar datas. No club de lectura lemos, primeiro, Feminismos e, dous meses despois, En vías de extinción. Ignoro se os demais membros do club coincidían na miña ansia, pero sei que a todos lles gusta compartir as xuntanzas co autor, algo ao que eu tamén lle vou collendo gusto.
É María Reimóndez unha escritora inquieta, comprometida e combativa cos temas que lle interesan e iso (que á fin e ao cabo non deixa de ser paixón pura e dura) resulta de agradecer entre tanto leite morno que nos rodea.
Das súas obras non teño moito que dicir máis que hai que lelas e comprobar de seu os matices que encerran. O que me apetece, en realidade, é comentar algunhas sensacións xurdidas no Ateneo. Como non podía ser menos, ten un falar fluído e ameno, ponderado e cargado de razón; as súas mans (si, fíxome moito nas mans das persoas) son delicadas e miúdas, case de nena; chamáronme a atención porque non é unha muller pequena e por uns intres semelloume que non cadraban cun aspecto tan rotundo e definido; igual cá súa voz, fina e suave. Ao escoitala falar, repousada e contundente, coidei que esa é a mellor maneira de expresar cousas importantes, non ese xeito arrebatado e mesmo lercho que temos algunhas. Creo que estivemos todas e os dous homes que acudiron moi a gusto, coma nunha charla de bar (que é o que era). Quedoume a boca doce. Sentinme moi cómoda e interesada. Espero que poidamos repetir. Grazas, María e grazas tamén pola dedicatoria. Un auténtico pracer.

Etiquetas:
ensaio
,
literatura
,
novela
,
ribeira
,
vida
15.2.14
Para Jota
Dona repousando un chisco despois da carreira |
Dona coas orellas ao vento e a filla ao fondo |
Dona entre os fentos ou fieitos -como din aquí- |
Melas atacando |
Melas preparándose para atacar |
Dona osmando entre a herba |
Melas no seu tobo -día a día máis pequeno- |
Dona durmindo no seu recanto do sofá |
Acotío, cando volvo dos recados, recíbenme coma se houbese mil anos que non me ven e, así como me poño a abrir as ventás -actividade que realizo acompañada de Dona-, convídanme a saír á horta. Falar non falarán pero enténdeselles de marabilla. Unha vez fóra andan ao seu, coma se eu non existise, pero axiña notan a miña ausencia e véñenme buscar. Iso si, en canto me poño a cociñar, sentan moi serias e modosas ollando para min sen perder un só movemento; agardan, madía leva!, a que lles caian unhas pingas de salsa de tomate ou do que sexa, e son capaces de aturar con paciencia infinita o tempo que cumpra para recibir a propina. Como di miña nai, fan moita compañía. Eu engadiría: e non só iso.
4.2.14
Efectos domésticos de Petra
O enorme testo da suculenta caeu baixo o efecto do vento. |
O valado de madeira sobre o muro non aturou. |
Aquí outra vista do valado caído. |
E máis. |
E aínda máis. |
A terra enchoupada. |
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)